1. Froito dun acordo coa Escola de Hostalería os usuarios do servizo de comedor acoden diariamente a estas instalacións onde comen o menú do día. Isto ten unha gran vantaxe na calidade da comida, pero tamén provoca atrasos inevitables. É imprescindible que tod@s respectemos o seu traballo para a continuidade deste acordo.
2. Instalacións dispoñibles
·
Meses
de outubro a maio: a Escola de Hostalería (C.I.F.P. Compostela) é a que presta
este servizo.
·
Meses
xuño e setembro: salón de actos do colexio ou comedor Hostalería; contrátase a
comida a unha empresa privada situada en Santiago de Compostela.
3. Horario
·
14:00
a 16:30 h.
4. Solicitudes
·
Para
todo o curso escolar: unha única solicitude. No caso de non ter
previsto usar o servizo de comedor un/s día/s concreto/s, deberán avisar antes
do día 20 do mes anterior para que non se cobre ese/s día/s.
·
Utilización
por días ou meses: deben entregar a solicitude antes do día 20 do mes anterior.
Non se atenderán as solicitudes que se entreguen despois deste día.
·
Para
usar o comedor durante o mes de xaneiro: deben entregala uns días antes do
habitual porque Hostalería pecha por vacacións; enviarase unha nota por parte
da coordinadora coa data límite de entrega desta solicitude.
·
Esta Anpa
non pode prestar este servizo a nen@s con determinadas alerxias alimentarias
por non estar en condicións de garantir a súa seguridade. Tanto no caso de
alerxias como de intolerancias, débese falar antes coa coordinadora.
·
No
caso de enfermidades puntuais (como gastroenterite, ...) poden solicitar dieta
branda ese mesmo día falando coa coordinadora antes das 09:30h.
·
No
caso de que un usuario non vaia asistir a comedor nun día xa contratado,
rogamos llo comuniquen á coordinadora de comedor para unha mellor organización
e control dos nenos.
5. Límite de prazas
·
140
comensais (marcado por Hostalería)
6. Importe do servizo
·
5,5€/día
a pagar entre o día 1 e 10 de cada mes (a falta de asistencia os días xa
contratados non implica a devolución dos importes pagados). Non estar ao
corrente dos pagos, previa comunicación á familia socia, pode implicar a non
prestación do servizo.
7. Normas recollida
·
Horario
recollida:
A hora
aproximada de regreso do comedor é ás 16:00h (non antes das 15:45h). Pode haber
atrasos no horario de volta por razóns alleas ás monitoras.
·
Os
días de choiva as monitoras axudan os nenos a poñer os chuvasqueiros e as
botas, feito que motiva un servizo máis lento.
·
Lugar
recollida: pola parte de atrás do centro, no patio cuberto, non en Hostalería
nin a medio camiño.
·
Horario
límite de recollida é ás 16:30h. Se non se recollen a esta hora, pasarán á
biblioteca do cole, non xestionada pola Anpa.
·
Cando
non veñan a recoller @s nen@s as nais ou os pais, as persoas que veñan deben
ter a autorización correspondente por escrito, asinada e deben identificarse co
seu DNI.
8. Normas comportamento
·
As monitoras
porán en coñecemento das persoas responsables d@s nen@s calquera comportamento
que resulte molesto, inapropiado ou ofensivo para @s demais compañeir@s, as
monitoras ou @s camareir@s. A reiteración destes comportamentos pode dar lugar
ás medidas disciplinarias que se indican máis adiante.
·
Deben probar os distintos alimentos como
parte da súa aprendizaxe. Non se lles obriga a comer toda a comida do prato,
pero si a probala. A cantidade das racións está adaptada a cada idade e ademais
as monitoras valoran a cada nen@ individualmente.