1.- As actividades contrátanse por trimestre. Para darse de
baixa é necesario avisar 1 mes antes e nunca no mesmo trimestre.
2.- Horario: de luns a xoves de 16:30 a 18:30 h.
3.- Durante o primeiro trimestre, poden probar a actividade
antes de contratala asistindo a 2 clases.
4.- Recollida:
Hora: unha vez que remate a actividade, ás 17:30 ou 18:30,
non antes (incluso cando están na
ludoteca).
Lugar: na entrada do cole
5.- Durante o horario das actividades non se pode acceder
aos espazos onde estas se realicen.
6.- O día que teñan actividade, ben ás 16:30 ou ás 17:30h,
poden usar o servizo de ludoteca de forma gratuíta, antes ou despois da
actividade. No resto dos casos, para facer uso deste servizo, hai que mercar un
bono de 5 horas (prezo: 6€) ou un de 10 horas
(prezo: 10€).
7.- Os prezos de cada actividade indicaranse antes da posta
en marcha das mesmas; de ser necesaria calquera modificación posterior,
avisarase aos usuarios.
8.- É preciso estar ao día no pago dos recibos trimestrais
para poder seguir asistindo á actividade. De non facelo, previa comunicación á
familia, non se permitirá o acceso á mesma.
