Banco de Libros da Anpa

Esta iniciativa consiste en entregar os libros que sexan da vosa propiedade (mercados polas familias) utilizados neste curso polos vosos fillos e fillas e, a cambio, pódense recibir libros do próximo curso, deste BANCO DE LIBROS DA ANPA. Como podedes imaxinar, organizar isto non é un proceso sinxelo e require da boa vontade e colaboración de todas as persoas interesadas. O máis importante é pensar que podemos entregar os libros que xa non imos necesitar e permitir que outra persoa os utilice, só se poden entregar os libros que sexan propiedade das familias, quedan fóra deste sistema os libros concedidos pola Consellería de Educación. As persoas que entreguen os libros terán dereito a recibir outros. Trátase de facer un reparto equitativo e xusto para todos os solicitantes. As persoas encargadas de recollelos comprobarán que os libros se atopan en bo estado (enteiros e limpos: borrados, etc). Os libros deben coidarse e entregarse de novo en bo estado (ou repoñeranse polo usuario ) ao final do seguinte curso. Os libros pasan a ser do banco da ANPA, non son do colexio.